Grupo 3proximity - Coaching empresarial
Planner & ProCeltha Vigoferia Expogalaecia Sico Vintech

Servizos

O noso Departamento Comercial ten como actividade principal determinar as necesidades dos nosos clientes e ofrecerlles a mellor solución para cada un deles.

O noso equipo encárgase de ofrecerlles feiras profesionais nas que os nosos clientes teñen a posibilidade de abrir a súa empresa a novos mercados nun breve espazo e captar así, un importante número de contactos novos que amplían a súa posibilidade de negocio.

Valóranse as diferentes opcións da relación do custo de participación nunha feira en función da rentabilización do investimento no tempo.

Ofrécense, sempre que é posible, varias solucións, de forma que o cliente poida elixir, entre máis dunha alternativa, a que máis lle interese.

Unha vez confirmada a solicitude de participación por parte do cliente, o departamento comercial encárgase da coordinación da contratación de servizos feirais, supervisión da montaxe e desmonte das casetas, e a organización xeral do evento para que o cliente dispoña de todo o necesario para asegurarse o éxito da súa participación a curto, medio e longo prazo.

Housing

Próximas feiras

VIGOFERIA · Feria Multisectorial

Salón dO MOble, Decoración e Interiorismo

Do 28 de outubro ao 1 de novembro de 2010
IFEVI Instituto Ferial de Vigo

www.vigoferia.com

EXPOGALAECIA

Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía

Do 29 de outubro ao 1 de novembro de 2010
IFEVI Instituto Ferial de Vigo

www.expogalaecia.com

Planner&Proceltha | T (0034) 986 487 928 | F (0034) 986 488 874 | Nicaragua 5, bajo | 36201 Vigo (Pontevedra) España | Aviso Legal